insinúas
tendinlle a man, sen ter moi claro cal sería a súa resposta. Como era de esperar nun home, sorríume, mentres eu perdía a vista no corpo da súa compañeira que, rezagada, nos seguía despistada.
a noite durou máis do que agardaba, sufrindo as transformacións propias de calquera festa, a efusión seguida da calma e o cansazo xusto antes da despedida. A súa moza sentíuse mal e el despachouna axiña nun cuarto da casa. Achegóuseme sorrindo, segundo se víu liberado, e comezou a falar a modiño, degustando cada palabra. Tamén moi a modo, achegueime a el, e rozando agarimosa os meus beizos contra a súa orella, murmurei sensual: onde deixaches á túa moza?
abandoneino deseguido, mentres el marchaba por algo de beber, para ir coidar o meu desexo, desamparado.

0 Comments:
Posta un commento
Links to this post:
Crea un link
<< Home